Oscar o carpinteiro

O  que fago

Mobles a medida

Creamos mobles de madeira a medida en Santiago de Compostela, Rois e comarca, adaptados ao teu espazo e estilo. Traballo con madeiras nobres e produtos naturais para deseñar pezas únicas: mesas, armarios, estantes, cabeceiros e todo tipo de mobles personalizados que combinen funcionalidade, beleza e durabilidade.

"Se queres un moble que fale de ti, faino con quen coida cada detalle."

Carpintaría para vivendas

Realizo todo tipo de traballos de carpintaría para vivendas en Santiago de Compostela, Rois e arredores: instalación de tarimas, forrados, escaleiras, portas interiores e exteriores, armarios empotrados… Cun acabado profesional, eficiente e respectuoso coa madeira.

"Transforma a túa casa con man de obra local e comprometida."

"Transforma a túa casa con man de obra local e comprometida."

Espazos comerciais e profesionais

Deseño e executo proxectos para negocios, tendas, oficinas e locais comerciais, creando ambientes cálidos e naturais que transmiten confianza. Mobles, mostradores, expositores, paneis ou decoración, todo personalizado para reflectir a identidade do teu negocio.

"A madeira comunica. Fagámolo con estilo e profesionalidade."

"Cada marca conta unha historia. Eu axúdote a que siga viva.."

Restauración e reparación

Ofrezo servizo de restauración e reparación de mobles de madeira mantendo o seu carácter orixinal. Conservar o que ten historia é tamén unha forma de ser sostible. Recupero portas antigas, cadeiras, ventás ou mobles herdados que necesitan unha segunda vida.

Proxectos ecolóxicos

A miña carpintaría aposta polo traballo sostible e ecolóxico: uso madeiras certificadas FSC ou de proximidade, vernices naturais, e técnicas que reducen o impacto ambiental. Porque coidar da natureza tamén forma parte do meu oficio.

"Carpintaría con conciencia para un futuro con raíces.."

Encargos especiais e artesanía

¿Tes unha idea diferente? ¿Buscas algo feito a man, con alma e coidado? Tamén realizo pequenas pezas artesás, esculturas, sinalizacións, xogos de madeira ou proxectos educativos.

"Cando queres algo único, a madeira responde."