Oscar o carpinteiro

O teu carpinteiro en Santiago de Compostela, Rois, Padrón e comarca

Se buscas un carpinteiro en Santiago de Compostela, Rois e comarca que combine o saber facer tradicional coa calidade e a conciencia ambiental, estás no lugar axeitado. Son Óscar, carpinteiro de toda a vida, apaixonado pola madeira, polas mans que crean e pola historia que se transmite en cada unión ben feita.

Traballo a madeira con respecto, tanto polo material como polas persoas que a van desfrutar. Uso técnicas tradicionais e produtos sostibles para ofrecer solucións duradeiras, personalizadas e pensadas para o benestar do fogar e do planeta.

Desde pequenos arranxos ata proxectos a medida, en vivendas, negocios ou espazos públicos, encárgome de dar vida á madeira sen perder de vista a súa alma.